Existe a posibilidade de personalizar a nosa Axenda Escolar, unha oportunidade para visibilizar a imaxe da escola, concello, centro, etc. pódese deseñar a portada e contraportada da axenda ou engadir páxinas no interior con contidos propios coma fotos, deseños, imaxes, logotipos do centro ou patrocinios da Axenda; con información relacionada co entorno do centro, cidade, pobo ou mesmo con normas internas do centro, etc.
A nosa Axenda Escolar personalizada ten a mesma calidade no deseño, materiais e acabados que a que non é personalizada.
Unhas suxerencias
Unha boa forma de personalizar a axenda podería ser a realización dun concurso de portadas no propio centro, facendo partícipes a o alumnado da realización da mesma con deseños que verán durante todo o curso escolar.
No interior da axenda pode incluir cousas como:
- Fotografías das instalacións.
- Normas de convivencia.
- Historia do centro.
- Información local.
- Consellos.
- Saúdas.
- …
Se ten interés, non dubide en consultarnos e pedirnos orzamento enviando un e-mail a axendaescolar@ideia.gal